Orballo nace da man de mozos emprendedores no ano 2012 en Paderne, na comarca de ``As Mariñas´´ na Coruña sendo a primeira plantación de té de Europa continental. Galicia conta cun clima suave e húmido, con veráns frescos e invernos tépedos ademais de ter un terreo acedo moi parecido ao de China e Indonesia, moita auga e sombra, condicións idóneas para do cultivo o té. Isto fai que o té galego atópese ao mesmo nivel que o indonesio.
O nome ``Orballo´´ que significa ``rocío´´ en castelán foi elixido precisamente para reflectir estas características climáticas de Galicia, en concreto a humidade e a súa influencia no crecemento das plantas, incluído o té. Ademais, evoca sensación de frescura e pureza, calidades que se reflicten nos seus produtos.
A súa proposta de valor é ofrecer un produto da mellor calidade, ecolóxico e sostible. Para iso encárgase de todo o proceso de produción, asegurándose de que os seus produtos son obtidos no momento e condicións óptimas para posteriormente ser coidadosamente procesados por expertos. Durante estes procesos, asegúranse de que ningún pesticida, herbicida ou químico de sínteses prexudiciais para a saúde entren en contacto directo co produto, conseguindo desta maneira un produto 100% ecolóxico. Ademais, evitan o uso de aditivos sintéticos que poidan prexudicar ao ecosistema, respectando tanto a natureza como a biodiversidade que lles rodea.
Este coidado da calidade e condicións do produto levoulle a conseguir premios e certificacións situando a Galicia no mapa mundial do té.
Este provedor que se atopa a apenas 30km de Brasa de Beche é outra das nosas apostas por produtos locais.

Ademais da produción, Orballo buscou compartir a súa paixón e coñecemento sobre o té co público. Abriron as súas portas a visitas guiadas, onde os visitantes poden coñecer de preto o proceso de cultivo do té, aprender sobre as súas propiedades e gozar de degustacións. Tamén participaron en feiras e eventos relacionados co té, difundindo así a cultura do té galego. Neste blogue podedes ver un post sobre o Roteiro do Mandeo, na que realizamos unha visita a Orballo.