Coñece aos nosos provedores · Gandería Candal Couselo

Esta vez fixemos unha visita á explotación gandeira de Candal Couselo, provedor encargado de ofrecer carne de tenreira, vacún e boi de primeira calidade ao noso restaurante KM0 Brasa de Beche. Atópase situada no Monte do Xalo – Culleredo a tan só 16 km do SuitesNature EcoCamp Beche. Esta é outra das nosas apostas por proveedores locais, recoñecida pola insignia Slow Food.


Gandeiría Candal Couselo nace no ano 2012 como un negocio familiar. A súa actividade iníciase nunha leira de apenas 40 hectáreas situada no Monte do Xalo. Aos poucos ese terreo foise ampliando ata contar na actualidade con máis de 100 hectáreas. Esta gran finca divídese en tres partes: unha dedicada ao millo, outra na que se sitúan os castiñeiros e unha última para o pasto. Ademáis, tamén houbo un aumento paulatino da variedade de animais, entre os que se atopan tenreiros, novillas, cordeiros, bois e vacas.



O seu principal interese é asegurar o bo coidado e trato de todos os animais polo que eles mesmos encárganse de sementar, abonar e colleitar as súas leiras, sendo conscientes en todo momento do produto e asegurando así un alimento óptimo. A súa alimentación baséase unicamente en forraxe e millo e, na tempada de outono, as castañas toman especial protagonismo xa que son un complemento ideal. Ademais, como o seu aceno de identidade é a gandería extensiva, os seus animais sempre pastan libremente.



Respecto a súa proposta de valor, tratan de ofrecer un produto local de excelente calidade aproveitando os recursos da contorna e establecendo relacións próximas con todos os seus clientes.

Disfruta desta deliciosa carne no noso restaurante Brasa de Beche ou na túa parcela co noso Kit parrilla DIY!

Máis información: 

📍Gandeiría Candal Couselo é unha explotación gandeira situada no Monte do Xalo a 16km de SuitesNature EcoCamp Beche, caracterizada polo seu produto de excelente calidade e un bo trato aos animais.