Aos poucos meses de inaugurar o noso complexo turístico de Beche, que inclúe o Restaurante KM0 Brasa de Beche, tivemos a honra de recibir a insignia insignia Slow Food Compostela como recoñecemento ao apoio a produtores de proximidade e comercio local. Se vos preguntades que é exactamente isto, seguide lendo e explicámosvos todo .
Slow Food Compostela forma parte da organización global Slow Food, que remonta os seus inicios ao ano 1989. Nace co obxectivo de previr a desaparición das culturas alimentarias locais e contrarrestar o auxe dos ritmos de vida acelerados, contrapoñéndose á filosofía do fast food. Ademais, dá resposta ao interese da xente por coñecer de onde veñen os alimentos que consomen, achegando visibilidade para que a xente coñeza a forma na que afectan as nosas decisións alimentarias á contorna que nos rodea.
Slow Food en el mundo.
Entre as premisas de Brasa de Beche e SuitesNature EcoCamp Beche destaca o compromiso coa sustentabilidade e o ecoturismo. Froito destas premisas é a entrada en Slow Food que, como mencionamos anteriormente, conciencia da importancia da nutrición e a súa cultura. Neste refuxio natural valoramos os produtos de proximidade e os cultivos de forma extensiva por encima da intensiva, poñendo en valor as hortas próximas ao complexo turístico, o traballo dos produtores locais e os fundamentos da dieta atlántica, co máximo respecto pola propia materia prima, xa que un bo produto non necesita moito aderezo para namorar o padal.
.jpeg)
Como destacan na súa páxina sobre a nosa entrada en Slow Food Compostela, impórtanos que a nosa contorna perdure tan verde como foi sempre, que o esforzo dos veciños gandeiros e agricultores teña unha recompensa xusta e que os clientes que nos visiten coman, ademais de ben, saudable. Por todo isto seguimos traballando para ofrecer unha gran experiencia gastronómica a todos os hóspedes e comensais que nos visiten.
Por último, destacar que SuitsNature EcoCamp Beche comparte con Slow Food tamén a promoción de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para a axenda 2030 de Nacións Unidas, en concreto os seguintes obxectivos: