Eco-Roteiro Senderismo Mandeo - Orballo

Ficha de actividades:

  • O inicio da ruta atópase xunto ás plantacións de té de Orballo, a uns 35 minutos en coche de SuitesNature EcoCamp Beche pola estrada AC-542.
  • A ruta é de forma circular e ten unha lonxitude estimada de 12,5km. Desde SuitesNature EcoCamp Beche terá unha duración total de 5 horas e 50 minutos.
  • O recorrido ten unha duración estimada de 4 horas.
  • A dificultade técnica é moderada. Recoméndase levar zapatos de montaña e roupa cómoda.


O noso equipo tivo a oportunidade de realizar parte deste roteiro que rodea ao río Mandeo. O río Mandeo é un dos enclaves de maior relevancia ecolóxica dentro da reserva da biosfera. A Eco-Roteiro de sendeirismo Mandeo Orballo, dunha extensión dun 12 km e cunha duración aproximada de 4 horas, levaranos pola beira do río, onde poderemos admirar a natureza en absoluta paz, dado que non está masificada en absoluto. Tras percorrer a ribeira do Mandeo durante aproximadamente 6 km, chegaremos ao balneario do Bocelo, un lugar onde tradicionalmente acudían visitantes a sandar diversas doenzas debido á crenza de que as súas augas tiñan propiedades curativas. No ecuador do roteiro atópase a ponte do Zarzo (Ponche do Zarzo). A volta a orixe leva a cabo polo lado contrario, debido a que se atravesará a ponte antes mencionada. Entre outras cousas, podemos ver plantas e animais autóctonos de todo tipo. Ollo! Poida que crucédesvos con algún lobo, pero non vos preocupedes por nada, estes tenden a fuxir en canto perciben a presenza do ser humano. 


Aquí deixamos o link de wikiloc coa ruta detallada para que poidades facela cando vos queirades.




Powered by Wikiloc


Visita a Orballo

Unha vez terminada o roteiro de sendeirismo, chega a hora de relaxarse cunha visita a Orballo, a primeira plantación de té de España. Esta empresa destaca polo respecto á natureza e os seus produtos 100% naturais, sen aditivos. Trátase dunha visita sumamente interesante, onde vos darán a probar o seu produto e explicaranvos a produción tradicional de té e outros produtos. Esoutros produtos dos que falamos son herbas aromáticas e medicinais, que ademais inclúen nas súas infusións para crear as súas propias bebidas funcionáis de xeito natural. Cabe destacar a aposta que fan os empresarios e a administración da zona por promover unha economía circular, mediante a colaboración.






Máis información:


O río Mandeo é un río que nace no Marco dás Pías, no municipio de Sobrado e percorre 56km ata desembocar na ría de Betanzos. É un lugar ideal para facer sendeirismo, polo que existen numerosos roteiros para facer pola zona. Podedes obter información sobre roteiros de diferentes dificultades e lonxitudes na páxina de Wikiloc.


*Podedes consultar prezos e información sobre os servizos de transfer desde Beche ata Betanzos tanto en taxi coma en vehículos premium no seguinte enlace: servizos.