Nun mundo cada vez máis activo no que nos acostumamos a levar vidas axitadas, necesitamos unha boa desconexión de cando en vez. Por iso queremos que as nosas cabanas sexan un refuxio natural de todo o que supón o día a día.
Co ecoturismo como sinal, ofrecémoslles cabanas con todas as comodidades e respectuosas co medio onde poder vivir unha experiencia de desconexión total. Tamén podes gozar da dieta atlántica, con produtos de primeira calidade da Reserva da Biosfera, no noso restaurante km0 Brasa de Beche.